A vía rápida do Barbanza cóbrase unha nova vítima mortal

    BARBANZA > Tráxica fin de semana nas estradas barbanzás que se saldou cun morto e un ferido en sendos accidentes de circulación. No primeiro deles víronse implicados dous cohes e unha moto, cuxo conductor resultou ferido. O segundo tivo lugar na vía rápida do Barbanza onde unha nova vítima mortal eleva a 58 o número de falecidos nesta estrada. O sinistro tivo lugar á altura do concello de Dodro ás seis e media da mañá. A colisión frontal entre os dous vehículos implicados saldouse coa morte dun dos conductores, Manuel Nelson Rey Vicente, de 26 anos e veciño de Rianxo.

    accidente_300_050606.jpgO venres arredor das once na noite producíase un novo accidente na parroquia de Palmeira á altura da curva da Taravela, onde hai unhas semanas xa se producira outro choque dada a perigosidade da zona. Nesta ocasión, e a pesar da aparatosidade do sinistro non houbo que lamentar feridos de gravidade. No choque víronse implicados tres vehículos, un Opel Combo matrícula C-5990-CF, un Volkswagen Golf matríicula 6200-BHL e unha moto Suzuki 600 con matrícula 3132-CGD. O conductor desta última tivo que ser atendido de varias lesións.

    Balance moito máis dramático no accidente acontecido na madrugada do venres ó sábado no quilómetro 10 da vía rápida, á altura do municipio de Dodro. Manuel Nelson Rey volvía do seu traballo na Picaraña conducindo un Peugeot 206 con matrícula 6466 BWD cando chocou frontalmente cun Volskwagen Tourán conducido por Roberto S.A. de 30 anos que se dirixía a Padrón. Este segundo conductor, que saíu ileso da colisión, presentaba unha taxa de alcolemia do 0’7. O suceso obrigou a corta-lo carril con sentido hacia Padrón e desvía-lo tráfico.

    Esta novo accidente mortal pon de manifesto a alta perigosidade desta estrada no que, dende que se inaugurara hai dez anos, acumula xa a tráxica cifra de 58 mortos.

    Redacción Barbanza