BARBANZA> A Pobra espertou hoxe cunha imaxe diferente a vivida onte. Rúas baleiras e a hostalería pechada a cal e canto. Apenas un par de locais en todo o municipio manteñen o servizo de entrega a domicilio. Esta é a radiografía exacta do primeiro día tras decretarse o seu peche perimetral nunha zona como a Alameda, na que habitualmente hai máis bulicio. As novas medidas restritivas impostas pola Xunta prohiben tamén a entrada e saída do municipio sen unha causa xustificada. Aínda así durante a mañá non atopamos controis policiais. E mentres tanto os casos activos seguen á alza. Hoxe son xa 39, catro máis ca onte, cunha incidencia acumulada de preto dos 400 por cen mil habitantes. Esta mañá coñecíamos tamén os resultados do cribado realizado polo Sergas durante os tres últimos días. Das máis de cinco mil persoas de idades comprendidas entre os 25 e os 65 que foron chamadas, participaron no mesmo ó redor do 73%, cun resultado, ata o de agora, de tan só 3 positivos.
Inicio BARBANZA