Varios conatos de incendio alertan sobre a posibilidade de lumes maiores

    BARBANZA > A chegada das altas temperaturas ten a súa cara máis negativa na propagación de numerosos incendios forestais. No Barbanza esta fin de semana varios conatos de incendio que non chegaron a ser catalogados como tal pola escasa superficie queimada pero que alertan sobre a posibilidade de danos maiores.

    incendio_200_050606.jpgO primeiro deles rexistrábase o venres preto das once da noite na zona da Conlleira en Ribeira onde o lume arrasou preto dunha hectárea de monte raso. Para sofoca-las lapas foi precisa a intervención dos equipos de protección civil cunha motobomba e unha cuadrilla do distrito forestal.

    O sábado pola tarde rexistrábase outro lume tamén en Ribeira aínda que esta vez soamente arderon 700 hectáreas. O incendio iniciouse ás seis e media da tarde e ás este e trinta e cinco xa fora extinguido.

    O domingo foi o concello de Boiro o que resultou máis afectado polo lume. O primeiro dos incendios rexistrábase preto das doce do mediodía na parroquia de Abanqueiro. O lume produicuse cando un particular realizaba unha queima controlada que se extendeu e arrasou 350 metros de monte raso. Os equipos de exteinción tardaron dúas horas en sofoca-las lapas. Xa pola noite, ás once, o lume volveu facer acto de presencia en Santa Eulalia, aínda que afortunadamente as chamas foron extinguidas en menos dunha hora evitando danos importantes.

    Redacción Barbanza