Un octoxenario morre ao precipitarse ó mar no peirao da Pobra

POBRA> Un home, duns oitenta anos de idade, veciño de Carreira, perdía a vida esta mañá na explanada portuaria da Pobra do Caramiñal. Ó parecer e, segundo informaron os propios testemuños que se atopaban nese momento nas inmediacións, o home puido esvarar na zona de escaleiras alí existente, batendo coa cabeza nas rochas antes de precipitarse ó mar.

Varias persoas que se atopan nas inmediacións foron os primeiros en rescatalo, alertando posteriormente ó 112. O persoal médico desprazado ata o lugar, a pesar das manobras de reanimación realizadas, non foi quen de devolverlle a vida.

Ata o lugar do suceso desprazáronse tamén unha patrulla da Garda Civil e da Policía Local que se encargaron de acotar a zona e custodiar o cadáver ata que se procedeu ó seu levantamento, pasadas as doce da mañá.

A Garda Civil abriu unha investigación para determinar o acontecido, aínda que todo apunta a que a morte puido ser accidental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí