Cae unha nova rede de tráfico de heroína no Barbanza

    _100_230606.jpgRIBEIRA > Unha operación levada a cabo esta semana pola Policía Nacional de Ribeira culminou coa desarticulación dunha importante rede de tráfico de heroína na comarca do Barbanza. Os axentes procederon á detención de dúas persoas implicadas e incautáronse dunha importante cantidade de droga así coma diversos obxectos roubados.

    Os detidos nesta nova operación antidroga son J. R. CH. G., alcumado ‘Juan o Taxista’ de 57 anos e veciño de Porto do Son e I. E. H., de 19 anos e orixe marroquí, que se atopaba en situación irregular en España. No momento da detención, os axentes requisaron diverso material entre os que se atopaban 230 doses de heroína, 23 pastillas de metadona, cinco teléfonos móbiles, catro reloxos, tres mil euros, un vehículo todoterreo e un navegador GPS.

    Posteriormente, os axentes realizaron un rexistro no primeiros dos detidos durante o cal se incautaron de numerosos efectos coma xoias, reloxos, dispositivos electrónicos e diverso material de construción. así mesmo, procedeuse ó rexistro dun iate propiedade de ‘Juan o Taxista’ que se atopaba atracado no porto deportivo de Rianxo. Na embarcación atopáronse 2.250 doses de heroína, un dvd, dous televisores, catro prismáticos e diversa documentación.

    Algúns dos efectos roubados xa foron entregados ós seus propietarios mentres que o resto se atopan aínda nas dependencias da Comisaría de Policía Nacional de Ribeira.poli_200_230606.jpg

    A cantidade de droga incautada podería chegar a acadar os 25 mil euros no mercado negro. Estas dúas detencións permitiron o desmatelamento de sete puntos de venda de droga que se distribuían por Ribeira, Porto do Son, A Pobra e Rianxo.

    O primeiro dos detidos procedía ó reparto da droga entre os seus distribuidores, destinando unha parte para o consumo persoal e outra para a venda. Os distribuidores tiñan que devolver o diñeiro da venda ou diversos efectos roubados.

    Redacción Barbanza