Denunciadas cinco empresas ribeiresas por vertidos ilegais á ría

    couso_100_230606.jpgRIBEIRA > Desafortunadamente, os vertidos ilegais volven estar de actualidade coa denuncia a cinco empresas ribeiresas por realizar este tipo de prácticas. Os informes do Seprona establecen que as industrias denunciadas, todas elas ubicadas na zona de Couso, vertían residuos orgánicos á Ría a pesar de non contar con autorización.

    Os feitos foron postos en coñecemento pola Confraría de Pescadores de Aguiño e Carreira que viñan detectanto constantes vertidos ó mar procedentes de varias empresas de Couso. Os análises levados a cabo polo Seprona confirmaron estas sospeitas xa que os residuos vertidos á ría presentaban altos índices de materia orgánica. As cinco empresas denunciadas, Graña Mar, Mar de Couso, Conserveros reunidos S.L., Ignacio González Montes S.L. e Mar e Granja Couso, incumpren a normativa en materia de vertidos e, nalgúns casos, carecen incluso do rexistro sanitario.couso_200_230606.jpg

    Este tipo de prácticas teñen un efecto aínda máios negativo na zona d couso debido á súa importancia natural próxima ó parque natural de Corrubedo ademais de cosntituir un dos lugares de actividade dos mariscadores.

     

    A problemática dos vertidos non é nova no concello de Ribeira senón que, debido á frecuencia con que se producen estes sucesos, xa se creou unha comisión antivertidos que traballa para erradicar este tipo de prácticas.

    Pola súa banda, as empresas denunciadas negan que se estiveran a producir vertidos incontrolados posto que contan con sistemas de depuración.

    Redacción Barbanza