O BNG de Ribeira propón a construción de baños públicos

RIBEIRA> Os nacionalistas din recoller as demandas de moitos veciños do municipio que se queixan da falla deste tipo de servizos.

Tomando coma exemplo outras cidades nas que existen este tipo de instalacións, o grupo municipal do BNG levará ó vindeiro pleno unha iniciativa a través da cal solicitan a construción de baños públicos. Din recoller as demandas da propia veciñanza.

Os nacionalistas van máis alá e mesmo lle propoñen dúas ubicacións para eles axeitadas para emprazar os aseos: unha no parque de Pedra Pateira e a outra no Paseo das Carolinas, a carón das instalacións da EDAR.

Dende o BNG non se pechan tampouco a outros posibles emprazamentos que propoña o goberno municipal, o que queren é que se constrúan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí