![]()
POBRA > Hai aproximadamente un ano iniciábanse as obras de mellora da estrada AC-302 entre a Pobra do Caramiñal e Oleiros, no concello de Ribeira. A boa marcha dos traballos fai presaxiar que a actuación cun presuposto de 1’7 millóns de euros poida estar rematada no vindeiro mes de setembro.
As obras que está a levar a cabo actualmente a empresa CRC Obras e Servizos consisten basicamente na mellora e ampliación do trazado da estrada que pasará a ter un carril de 3’5 metros de longo en cada sentido e beiravías a ámbolas marxes, de medio metro de ancho. Ó mesmo tempo levarase a cabo tamén o reforzamento do actual firme e aumentarase a visibilidade coa eliminación de varias curvas existentes.
O aumento do tránsito rodado, fundamentalmente coa posta en marcha do Hospital Comarcal e a circulación de vehículos cara o polígono industrial da Tomada ou a Serra do Barbanza, e o conseguinte desperfecto do trazado foron as principais razóns que levaron á Consellería de Política Territorial a iniciar esta actuación.
Redacción Barbanza










