A Deputación da Coruña presenta o programa de axudas para Servizos Sociais

    BARBANZA> Representantes de máis de setenta entidades sen ánimo de lucro de toda a provincia asistiron esta mañá na sede da Deputación da Coruña ó acto de presentación da nova convocatoria do programa de axudas deste organismo en materia de servizos sociais. Foi precisamente a deputada responsable desta área, a nacionalista Ánxela Franco, a que, xunto con varias técnicas do servizo, explicaron as principais novidades da nova convocatoria para o ámbito sociosanitario e tamén de igualdade. Franco anunciou tamén o novo plan que a Deputación botará a andar para a mellora de infraestructuras das propias entidades, unha iniciativa que buscará adaptar os centros ós novos requisitos que precisan para optaren a axudas públicas. Neste sendo aludiu a que a redución de subvencións nominativas permitiu que nesta edición se incrementaran as cantidades das axudas que pasan a ser de corenta mil euros e tamén a posibilidade do novo plan de infraestructuras que é unha demanda e unha necesidade desta área.