Dous ribeirenses foron pillados ‘in fraganti’ roubando nunha vivenda

RIBEIRA> A Policía Nacional de Ribeira detivo a dous veciños da localidade, dous homes de 44 e 47 anos respectivamente, despois de ser sorprendidos ‘in fraganti’ roubando nunha vivenda. Ademais os axentes lograron intervirlle diversos obxectos que foran substraídos do interior da casa e que xa lle foron entregados ós seus propietarios. Dáse a circunstancia de que un dos presuntos autores xa foi prendido días atrás tras ser sorprendido cometendo outro roubo con forza no interior da antiga lonxa, na zona portuaria, despois de forzar un dos almacéns.Ós dous detidos xa lle constan numerosos antecedentes por feitos similares.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí