AMBAR aposta pola inclusión a través do deporte

    RIBEIRA> Ribeira acolle este domingo unha carreira pola diversidade. A iniciativa, promovida pola asociación AMBAR, pretende fomentar o deporte inclusivo coa participación de persoas con e ser diversidade funcional. Polo momento, xa hai preto de cen corredores inscritos. Ás dez e media da mañá deste domingo sairá dende a praia de Coroso a primeira carreira pola diversidade. Os corredores poderán participar en calquera dos dous percorridos: un de catro quilómetros e outro de oito. Haberá tres categorías: zapatilla, silla ou handbike. A cota para participar na proba é de cinco euros. tódolos fondos recadados dedicaranse ós proxectos de deporte inclusivo nos que está a traballar AMBAR como o programa Vela para todos. Diversas entidades e empresas privadas colaboran con este evento así como o concello de Ribeira encargado de organizar a loxística da proba, facilitando a convivencia entre condutores e participantes. O alcalde, que tamén participará na proba, apelou á colaboración veciñal para o bo desenvolvemento da carreira.