A piscina de Boiro acollerá este sábado a cuarta xornada da Liga Infantil de Natación

BOIRO> A piscina da cachada en Boiro será escenario este vindeiro sábado pola tarde da cuarta xornada da Liga Infantil de Natación. A proba, organizada polo club local, o Club Natación Boiro, en colaboración coa Federación Galega de Natación e o propio Concello, participarán ó redor dun cento de nadadores de diversos clubs de toda Galicia.

Estará dirixido a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 13 e os 15 anos.

Dáse a circunstancia que a competición deste vindeiro sábado será a primeira proba oficial que se celebrará nestas instalacións dende a súa homologación, hai apenas unhas semanas.

Dende o Concello anunciaron que seguirán avanzado na mellora das instalacións, incluíndo a posibilidade de instalar unha bancada que permita a entrada de público ó recinto e poder así disfrutar das competicións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí