A Policía Local da Pobra reforza a súa plantilla de cara ó verán

    poli_100_110706.jpgPOBRA > A Policía Local da Pobra reforza a súa pantilla de cara a época estival coa incorporación de tres axentes. O cometido destes novos policías será vixilar as zonas públicas, coidar as rúas peonís e controlar que os conductores aparquen correctamente os seus vehículos nas zonas habilitadas no concello para esta fin.

    Mónica Rey Rodríguez, Francisco Javier Domínguez Iglesias e Manuel Carlos Otero Arca son os tres novos axentes que durante este verán se incorporan como reforzo á plantilla da Policía Local da Pobra. Con eles elévanse a dezasete os policías que durante esta tempada vixiarán as rúas do municipio. O seu cometido será reforzar as gardas nas praias, controlar o tráfico e, no caso da axente Mónica Rey, vixiar as zonas de xardín para que os cidadáns coiden o entorno.poli_200_110706.jpg

    O Concello da Pobra prevé tamén reforzar o controis de tráfico tanto nas zonas de praia, onde nestes meses se producen grandes aglomeracións, coma nas estradas do municipio. Para isto contarán cun coche con radar ademáis de dispositivos para realizar controis de alcoholemia, medios todos eles cedidos pola Xefatura Provincial de Tráfico. Maceiras insiste en que estas medidas teñen como obxectivo mellorar a seguridade vial da zona, e que o que menos se busca é multar indiscriminadamente ós conductores.

    Os tres novos axentes xa comezaron a realizar nestes días as súas labores de vixianza e aínda que en principio só colaborarán coa Policía Local da Pobra ata o vindeiro trinta de agosto, Maceiras puntualizou que, de ser preciso, poderíase prorrogar a súa estancia uns meses.

    Redacción Barbanza