Gran expectación en Ribeira ante a inminente visita dos Reis

    prazacentenario_100_110706.jpgRIBEIRA > Ante a visita a Ribeira dos Reis de España o próximo sábado, o alcalde da localidade quere facer un chamamento ós veciños do pobo para que participen neste acontecemento engalanando as fachadas das súas casas con bandeiras e saíndo á rúa para recibir ás súas maxestades.

    Os operarios municipais de Ribeira están a traballar a reo estes días para que todo esté listo para a visita dos Reis de España á localidade. 

    Logo desprazaranse ata o Concello onde tamén destaparán unha praca situada na fachada do edificio e sairán ó balcón para saudar ós veciños. A visita dos Reis, que durará preto dunha hora, rematará cun percorrido polo casco urbano da localidade e cunha visita á carpa da Mostra do Mar, situada no Malecón.

    Neste senso, o alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer quere facer un chamamento ós veciños para que colaboren co bo desenvolvemento da visita e que ese día, para evitar un caos circulatorio, non fagan uso dos coches a non ser que sexa imprecindible.

    Ademais o rexedor ribeirés anima a todo o pobo a participar neste acontecemento engalanando as fachadas das súas vivendas con bandeiras e saíndo á rúa para saudar ás súas Maxestades. prazacentenario_200_110706.jpg

    Por outra banda, o aparcamento subterráneo do Campo da Feira abrirase ó público o sábado pola tarde, logo de que os Reis inauguren a praza do Centenario. Esa fin de semana o estacionamento no lugar será gratuito e o resto do mes poderase utilizar durante algunhas horas sen coste algún para os usuarios. A partir de agosto comezarán a implantarse as tarifas normais aínda que se poderán adquirir diferentes tipos de bonos en función do horario no que se vaia a utilizar o aparcamento.

    Con motivo da visita das súas Maxestades a Ribeira, as rúas do centro urbano da localidade permanecerán pechadas ó tráfico a partir das 9.30 da mañá do sábado. Don Xoan Carlos e dona Sofía farán un percorrido polo casco urbano da localidade que rematará na zona do Malecón polo que por motivos de seguridade e para que os ribeireses poidan saudar ós Reis será preciso corta-la circulación. Deste xeito pecharase ó tráfico na Glorieta da Rua 9 de Agosto na súa entrada por Carreira, na estación de autobuses e na rúa Lepanto e Praza da Concordia pola entrada dende a vía rápida e Palmeira.

    Ademáis, dende o concello solicítase a tódolos veciños que durante ese día só utilicen os seus vehículos en caso de que sexa imprescindible xa que deste xeito evitarase un posible colapso circulatorio nas rúas da localidade.

    Redacción Barbanza