![]()
BOIRO> A empresa terá agora un prazo para presenta-los recursos legais pertinentes a esta decisión.
{flowplayer}barbanza/pechecalizamar.flv{/flowplayer}
Esta mañá celebrouse no concello boirés unha xuntanza á que acudiron representantes das comunidades de montes e asociacións de veciños afectados para tratar unha vez máis este problema, xurdido hai máis de cinco anos, dende que a empresa asentada en espiñeira iniciou a súa actividade co fin do tratamento da cuncha de mexillón. No encontro participaron o tenente de alcalde, Xoán xesús Ares, e os edís de Urbanismo, e Medio Ambiente, Xoán León e Xosé Manuel Pérez, respectivamente.
Peche actividade
A conclusión á que se chegou nesta xuntanza é que a empresa, a pesar das medidas iniciadas de cara a mellora-la súa situación, non é capaz de dar coa solución ós problemas de malos olores que provocan as denuncias dos veciños. Ante esta situación o executivo decidiu dar inicio ó expediente de peche da actividade.
Redacción Barbanza










