O venres comeza a Festa do Carme dos Pincheiros

POBRA> O Carme dos Pincheiros chega este ano a Pobra con máis forza ca nunca. Comezará este mesmo venres día dezasete e alongarase ata o luns día vinte. Día forte para a festa, no que a Orquesta Kubo amenizará a noite e terá lugar a gran queima de fogos artificiais e combate naval. O aumento do investimento do concello axudou a que os Pincheiros este ano vivan a súa mellor programación. Como é habitual os San Juerguines serán un dos pratos fortes no día do sábado. Pero este ano cunha novidade, a festa da auga celebrarase as catro e media da tarde. Dende a comisión abordaron esta idea co fin de facer unha festa para todos os públicos. O pregón deste ano correrá a cargo do Centro de Atención e Discapacidade. O venres ás nove da noite, dende o balcón do concello, os rapaces do centro xunto coa súa directora abrirán as festa do Carme dos Pincheiros. Os desfiles dos Xigantes e Cabezudos percorrerás as rúas pobrenses venres, domingo e luns.