Suspenso para os condutores galegos trala entrada en vigor do carné por puntos

    BARBANZA > Exitosa entrada en vigor do carné por puntos nas estradas galegas onde se rexistrou unha notable diminución da velocidade así coma dos índices de alcolemia ó volante. A pesar desta tónica xeral, non foron poucos os que seguiron a cometer infraccións posto que a Garda Civil procedeu a cursar varias denuncias que suporán a retirada de máis de oitocentos puntos.

    carnepor_puntos_200_030706.jpgAta 863 puntos perderon os conductores galegos nesta primeira fin de semana de implantación do carné por puntos. Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou un maior número de infraccións,116, e un total de 412 puntos perdidos. Séguenlle Pontevedra con 62 faltas, Lugo e Ourense. Esta nova medida está a ser acollida con reticencias pola maior parte da cidadanía, e aínda que moitos confían en que derive nun descenso dos accidentes de tráfico, algúns conductores consideran necesaria unha maior información para que a nova normativa sexa máis eficaz.

    A entrada en vigor do carné por puntos coincidiu coa operación saída, polo que o número de controis de Tráfico aumentou estes días nas estradas galegas. A maior vixiancia e o temor a perder o permiso de circulación parecen ser os factores que levaron ós conductores a ser máis precavidos ó volante.

    Redacción Barbanza