As altas temperaturas dificultan a extinción dun gran incendio en Bealo

    BOIRO > Segue aínda activo un dos maiores incendios rexistrados nesta tempada na comarca do Barbanza. Comezou o domingo ás tres das tarde na parroquia de Bealo, en Boiro, e despois de que os efectivos de extinción conseguiron controlalo pola tarde, o lume reactivouse queimando cada vez máis terreo e dificultando as labores de extinción.

    O de Bealo, en Boiro, é o único incendio que nestes momentos permanece activo na zona do Barbanza, pero tamén o de maior gravidade. Despois de que os efectivos de extinción conseguiran controlar as chamas na tarde de onte, o lume reactivouse con maior virulencia horas despois. As labores de extinción están a verse dificultadas polo rápido avance das lapas. Ademais, a intensa calor e a espesa fumareda que se desprende do lume crearon na zona unha densa nubareda que dificulta a visibilidade, aínda que polo momento o lume non se aproximouy ás vivendas.incendiobealo_300_170706.jpg

    As chamas comen cada vez máis terreo e ó longo da tarde do luns tarde foi preciso reforzar os efectivos de extinción engadindo dous helicópteros máis ós dous que xa levan traballando na zona dende esta mañá, un hidroavión, unha brigada e unha pala.

    As altas tempreraturas destes días deixaron de novo unha fin de semana crítica no que a lumes se refire. Só na xornada do domingo se queimaron no Barbanza preto de trinta e seis hectáreas. A parroquia de Taragoña, en Rianxo, foi a zona máis afectada, con trinta e cinco hectáreas de zona arbolada queimadas nun incendio que os efectivos de extinción tardaron preto de sete horas en extinguir. A este lume seguíronlle outros de menor perigosidade, como o da parroquia de Posmarcos, en Pobra, ou o da paroquia do Castro en Boiro, que en conxunto devastaron unha hectárea de terreo.

    Redaccíón Barbanza