Os premios PEL da Deputación da Coruña repartirán 75 mil euros

A CORUÑA> A Deputación da Coruña convoca a quinta edición dos Premios PEL cos que distingue ás mellores empresas da provincia. En total repartiranse 75 mil euros en premios entre as distintas categorías.

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar a convocatoria da quinta edición dos Premios PEL, cos que a Deputación da Coruña tenta recoñecer o labor das empresas, autónomos e asociacións empresariais e clústeres no desenvolvemento económico e na creación de emprego no territorio.

Este ano establécense tres categorías. A primeira á mellor iniciativa empresarial nova, dirixida a pemes, microempresas e autónomos que iniciasen a súa actividade en 2021 e 2022. A segunda categoría premiará á mellor inicativa empresarial consolidade, en activo dende 2017 ou con anterioridade. por último distinguirase tamén a traxectoria da mellor asociación empresarial, dirixida a entidades que conten cun mínimo de 25 empresas asociadas.

Os gañadores recibirán un premio de 20 mil euros mentres que os segundos clasificados optarán a accésit de 5 mil euros. Os interesados en concorrer a estes premios xa poden presentar as súas candidaturas a través da sede electrónica da Deputación con límite de prazo ata o 28 de xuño ás dúas da tarde.

Cada candidato deberá presenta o anexo de memoria da candidatura que non poderá exceder das 7 páxinas así como o enlace a un video de candidatura, de non máis de tres minutos, aloxado en calquera plataforma dixital ou na propia web corporativa. Teñen dispoñible máis información na web pel.gal/premio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí