O PP de Poio reclama transparencia na elaboración do PXOM

     POIO> O Partido Popular de Poio denuncia que o Goberno Local está a elaborar un PXOM ás costas da cidadanía e deles, …

    {flowplayer}images/salnes/pp_poio.flv{/flowplayer}

    …ca conivencia do seu socio de goberno, o PSOE. Para loitar contra esta opacidade xa reclamaron a axuda do Valedor do Pobo e do grupo do PPdeG no Parlamento Galego.

    Tal e como asegura o voceiro popular Ángel Moldes, xa foron moitas as veces que demandaron información ante o Goberno Local sen conseguir máis que que lle explicaran o proceso de elaboración dos PXOMS, ou na última comisión de urbanismo, que os emprazarán para o pleno do vindeiro martes. Ante esta situación reiterada de ocultación de información pediron axuda ós seus colegas na Cámara do Hórreo.

    E é que esta opacidade é sospeitosa para o PP de Poio posto que entenden que nun documento tan sensible como o Plan Xeral se debera partir desde o inicio co máximo consenso social e político posible. Amais desde o PP xa encontraron varios puntos que poden chegar a ser moi polémicos e máxime nun Concello que xa ten de seu unha enorme complexidade urbanística.

    Ate o de agora Poio réxese polas normas subsidiarias do 2002 algo que, á vista das últimas novas publicadas esta semana sobre os lindes de Poio, resulta máis que insuficiente.

    Redacción Salnés