![]()
O GROVE > Máis de sete millóns de euros é a cantidade que se investirá no concello do Grove para lograr pechar o ciclo integral da auga. O conselleiro de Medio Ambiente estivo de visita no Grove para asinar algúns dos convenios que mellorarán notablemente a calidade de vida dos mecos respecto do abastecemento de auga e mailo saneamento integral da ría.
A Consellería de Medio Ambiente continúa co seu obxectivo de sanear as rías galegas e o Grove entra dentro do plan. Máis de sete millóns de euros son os que se invertirán entre as tres obras que están en marcha en relación con saneamento e con dotación de servizos de auga. Medio Ambiente fala, neste sentido, de tres importantes inxeccións económicas. Entre elas a ampliación do abastecemento na Anta e a construcción de dous grandes depósitos de 5 mil metros cadrados cada un.
Pero sen dúbida o proxecto máis ambicioso é o da creación dunha depuradora para o municipio da que está pendente que se licite a obra. Tras superar os trámites administrativos o Grove tería pechado durante bastante tempo o ciclo da auga.
Redacción Salnés









