![]()
RIBEIRA > O concello de Ribeira continúa coas obras de adecuación e mellora da vila. As últimas remodelacións corresponden á escaleira do barrio do Cochón e á cuberta da estación de autobuses, iniciativas que neste caso teñen como beneficiarios principais ós veciños que se desprazan a pé pola cidade.
Preto de once mil euros é o presuposto co que contou o concello ribeirés para acometer as obras de acondicionamento da escaleira do barrio do Cochón, situada na entrada da cidade e que sube desde a rúa de Lepanto. Como resultado da remodelación, a escaleira conta agora con trinta peldaños e tres descansos que se complementan cun pasamán de quince metros para facilitar o tránsito dos usuarios.
Outra das melloras que xa poden disfrutar os veciños é a renovación da estación de autobuses, que dispón xa dunha nova cuberta instalada hai unha semana. Trátase dunha estructura de 81 metros cadrados con catro metros e medio de ancho por dezaoito de longo. A cuberta remátase con estilizadas columnas e catro unidades de pórticos a dúas augas. O custe desta intervención ascende a trinta mil euros.
Con estas obras, o concello de Ribeira pretende que a cidade se converta nun referente de crecemento, no que os veciños sexan os principais protagonistas.
Redacción Barbanza










