Noia albergará a final da Copa Galicia Masculina de Fútbol Sala

NOIA> O pavillón Agustín Mourís será sede, por segundo ano consecutivo, da final da Copa Galicia Masculina de fútbol sala.

A cita, que chega este ano a súa 32 edición, foi presentada esta mañá. Terá lugar o venres 17 de maio, coincidindo coa xornada festiva do Día das Letras Galegas, ás 12:30 da mañá.

O conxunto anfitrión, o Noia Portus Apostoli FS buscará repetir título. O seu rival na final será O Parrulo Ferrol FS.

Dende o Concello destacaron o feito de poder acoller un ano máis este evento deportivo, do máximo nivel competitivo.

Ese mesmo día disputaranse tamén no pavillón noiés as finais femininas da Liga Galega Benxamín e da Liga Galega Xuvenil.