Xoán León atribúe o saqueo da súa finca a unha posible vinganza

    destrozosfinca_100_200706.jpgBOIRO > O concelleiro de Urbanismo de Boiro vén de denunciar o que considera un atentado en toda regra contra a súa propiedade. Na noite do dous de xullo unha finca que o edil posúe en Cabo de Cruz foi saqueada por completo, sen que por agora se coñeza a quen corresponde a autoría dos feitos.

    Ocorreu na noite do domingo das festas de Boiro. Ese día, alguén entrou na finca que Xoán León posúe en Carragueiros talando tódalas árbores que alí tiña plantadas. En total preto de setenta árbores autóctonas e frutais das que non deixaron ningunha.

    Ademais das árbores, na finca había varias gaiolas con diversas especies de aves que foron abertas deixando ceibes ós animais, dos que Xoán León tan só conseguiu recuperar algúns. O edil boirés descoñece polo momento quen puido ser o responsable ou responsables da desfeita, e aínda que nun principio pensou nunha posible vinganza polo Plan Parcial de Cabo de Cruz, afirma non encontrarlle explicacións posto que non ten inimigos.destrozosfinca_200_200706.jpg

    Xoán León pretende deixar ben claro que non interveu no Plan Parcial de Cabo de Cruz en beneficio propio, alegando que incluso esta finca que posúe en Carragueiros nin sequera é urbanizable.

    Agora o caso está en mans da Garda Civil, instancia ante a que Xoán León interpuxo unha denuncia nada máis coñecer os feitos.

    Redacción Barbanza