RIANXO> A actuación, incluída no Plan de Obras da Deputación da Coruña, conta cun investimento próximo ós 90 mil euros. Tratábase dunha vella demanda dos veciños da zona. Diversos problemas na orografía do terreo impediron anteriormente poder desenvolver esta actuación que virá a dar servizo, tanto de sanemaneto como de abastecemento de auga a uns 20 veciños. A obra, que está a ser acometida pola empresa Nosa, está incluída nun Plan de Obras da Deputación da Coruña por importe duns noventa mil euros. A actuación terá un prazo de execuión de dous meses, polo que dende o Concello confían en que poida estar rematada antes do inicio do verán.
Inicio Barbanza - Muros - Noia