Medio Ambiente consensuará con Mar o futuro dos depósitos de Ferrazo

    agustin_hernandez100_050509.jpgPONTEVEDRA> O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, falou este martes, en Pontevedra sobre varios temas do seu departamento.

    A sentenza do Tribunal Supremo que considera ilegais os depósitos de hidrocarburos que hai no Porto de Vilagarcía xa está en mans da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O seu titular Agustín Hernández indicou que a está a estudar e que logo tomarán unha decisión en colaboración coa Consellería do Mar.

    A PO-531 e os nós previstos en Curro tamén están enriba da mesa de Agustín Hernández. A Xunta ten paralizado o proxecto para modificar o seu deseño. Ademais, pretenden reclamar ó Estado que se axilice a súa conexión coa A-57.

    Outra infraestrutura paralizada pola nova Xunta é o acceso ó porto do Xufre, na Illa de Arousa. Agustín Hernández asegura que mantén contactos co Concello para atender as demandas dos afectados, pero advirte que é moi difícil modificar o trazado.

    Agustín Hernández manifestou o compromiso da súa Consellería a atender a tódolos colectivos afectados.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/AGUSTIN_HERNANDEZ.flv{/flowplayer}