O Botter e El Rincón de Chocolate fanse cos premios de decoración e escaparatismo de Ribeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira procedeu á entrega dos premios de escaparatismo e decoración de Nadal- Os establecementos galardoados foron ‘El Rincón del Chocolate’ e a cafetería Botter. Ambos repiten galardón.

El Rincón del Chocolate foi distinguido como mellor escaparate deste Nadal entre os máis de vinte establecementos que participaron no certame convocado polo concello.

A propietaria do establecemento quixo agradecer non só o premio senón a convocatoria deste tipo de iniciativas que supoñen un incentivo para o comercio local.

Tamén repetiu galardón, no apartado da decoración, a cafetería Botter que volveu facerse co primeiro premio desta categoría.

E é que a participación entre os hostaleiros non foi tan alta polo que dende o concello fan un chamamento a que os distintos locais se sumen a este certame nos próximos anos.