Ribeira oferta un total de dez cursos de informática para este próximo trimestre

RIBEIRA> A aula CeMIT de Ribeira acollerá durante os meses de abril a xuño un total de dez cursos de informática. Están abertos a toda a veciñanza do municipio. Todos eles serán de carácter presencial e gratuítos.

De abril a maio ofertaranse un total dez cursos de moi diversa temática como é o caso de certificado dixital, iniciación á informática, ferramentas de google ou retoque de imaxe, entre outros.

Tódolos cursos serán presenciais e gratuítos, respectando sempre as medidas anticovid.

O prazo de inscrición xa está aberto, podéndose realizar na propia aula CeMIT en Cubeliños ou no teléfono 981-87 60 43.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí