Retirado un guindastre de grandes dimensións da rúa Valle-Inclán

    RIBEIRA> O oncello informou da retirada dun guindastre de grandes dimensións situado nun solar da rúa ribeirense de Valle-Inclán onde estaba prevista construír unha edificación que quedou paralizada. O executivo local, a requirimento dos propios veciños da rúa, instou á empresa responsable da obra para que procedese a desmontar esta estrutura duns quince de altura, feito que aconteceu esta mesma mañá. Levaba alí situada dende o ano 2008.