![]()
O GROVE > A Xunta de Galicia investirá nos vindeiros anos máis de 750 mil € en proxectos encamiñados á mellora do sector pesqueiro presentados polo Concello e a Confraría de Pescadores do Grove. Asi o comunicou a Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, na súa primeira visita oficial á vila meca.
Acompañada polo director xeral de Recursos Mariños e a delegada de Pesca en Pontevedra, a conselleira mantivo unha xuntanza no Concello e outra na Confraría de Pescadores para falar da situacion do sector e do seu futuro.
O tema central foron os proxectos que a Confraría presentou á Xunta para 2006/07. A resposta da Administración foi favorable e asegurou unha participición moi activa, dacordo co programa de axudas que está a levar a cabo a Consellería para incentiva-lo sector. O alcalde aproveitou a visita para pedirlle axuda na creación dun Museo Etnográfico e para a celebracion das festas da vila.
Segundo a Conselleira, a Confraría do Grove foi das máis activas de Galicia na presentación de proxectos relacionados coa pesca extractiva, a sementeira ou a protección dos recursos. En total investiranse máis de 750 mil €, nos que se inclúe a creación dun macrocriadoiro, a rexeneración de bancos marisqueiros e construcción dun barco e dúas bateas.
Finalmente, a Conselleira recordou a importancia de proseguir na vía da negociación con Noruega e Marrocos para evitar conflictos internacionaís futuros que poidan afectar gravemente ó sector pesqueiro de Galicia e de España.
Redacción Salnés








