![]()
BOIRO > O concello de Boiro continúa concedendo solicitudes de apertura de novos locais ós hostaleiros da zona que xa o tiñan demandado. Así o confirmou o concelleiro de urbanismo, Xoán León, que avanzou tamén que esta semana se reunirá cunha representación dos veciños afectados pola movida nocturna para buscar unha solución ós desordes que se orixinan nas fins de semana.
A concesión de licenzas para abrir novos locais en Boiro continúa o seu curso mentres as queixas dos veciños aumentan progresivamente. Xoán León recoñece que o tema da movida de Boiro é complicado, pero atopar unha solución proveitosa para veciños e hostaleiros segue a ser unha prioridade para o executivo local.
Neste sentido, estase a reforzar a vixilancia nas zonas máis concorridas e tamén se contratou unha empresa de limpeza dedicada a recoller o lixo que se acumula nas noites da fin de semana. Ademáis destas medidas, o concello está mantendo xuntanzas cos colectivos implicados. Despois de reunirse a pasada semana cos membros da Asociación Boirense de Empresarios, estes días chégalle o turno ós representantes dos veciños afectados. Namentres, o concello está a abrir expedientes a algúns locais e apela á responsabilidade dos hosteleiros.
Redacción Barbanza










