![]()
VILAGARCIA> Nin machistas, Nin violentos, así se definen os mozos e mozas de Vilagarcía e así o manifestaron…
{flowplayer}images/salnes/violencia_xenero_vilagarcia.flv{/flowplayer}
… nos actos celebrados o longo desta mañá na Praza da Peixería. Unha serie de actividades que veñen postergadas por mor do mal tempo e que foran deseñadas para conmemorar o 25 de Novembro, o Día Internacional contra a Violencia Machista. Uns 400 adolescentes participaron nos actos de concienciación que se prolongaron ata a mediodía.
A mensaxe destes alumnos e alumnas de secundaria estaba clara: a diferencia de sexo non xustifica a superioridade dun sobre o outro; nin moito menos o abuso.
O evento culminou ca lectura dun manifesto que recollía o sentir da mocidade, e que xa se foran recollendo a pingueiras nos seus traballos elaborados nas últimas semanas á través de distintas formas de creatividade; como esta poesía elabora no Instituto Fermín Bouza Brey.
Redacción Salnés








