Cinco adegas Rías Baixas presentan os seus escumosos

    CAMBADOS> O Salón José Peña acollerá unha degustación gratuíta o sábado ás doce da mañá.

    {flowplayer}images/salnes/PtacEscumosos_131212.flv{/flowplayer} 

    Por iso de tirar por aquelo que é da terra, este Nadal convidámoslles a substituír o cava ou champagne por escumosos Rías Baixas. Senón están demasiado convencidos poden acudir este sábado o salón José Peña de Cambados onde se realizará unha presentación e cata de cinco escumosos desta denominación de orixe. 

    Por primeira vez, Rías Baixas adentarse no mundo dos escumosos. Unha iniciativa coa que pretenden mirar cara novos horizontes e que terá a súa primeira toma de contacto no mercado durante este Nadal.

    A primeira e mellor oportunidade para probalos será este sábado, no Salón José Peña de Cambados, ás doce da mañá. O alcalde, Luís Aragunde, acudiu á presentación desta xornada.

    Un total de cinco adegas presenta os seus escumosos esta fin de semana: Mar de Frades, Pablo Padín, Coto Redondo, As Laxas e Eidosela.  Contarán no evento con candanseu director técnico ou enólogo que explicará as características dos escumosos.

    Tódalas persoas interesadas en participar, saiban que poden anotarse de xeito gratuíto ben non concello de Cabdos ou na Oficina de Turismo ata o venres ás sete da tarde. Os viños serán acompañados por ostras, tamén de balde.

    Redacción Salnés