CAMBADOS> A colleita nos viñedos podería ser máis baixa da agardada. O vento dos últimos días e as previsións de choivas poderían minguar unha produción que se prevía moi abundante. Os traballos das vindeiras semanas son clave para evitar calquera tipo de incidencia.
Os enólogos sinalaban nas últimas semanas que a etapa de floración dos viñedos é unha das máis importantes para a formación dos acios. Unha vez rematado este período, a incidencia das precipitación pasa factura nos viñedos das Rías Baixas. Aínda que é cedo para facer unha estimación, os expertos sinalan que a produción podería non ser tan abundante como agardaban.
Haberá que agardar a que estas parcelas máis atrasadas avancen para poder facer unha previsión da produción deste ano. A cantidade de acios é abundante pero pode variar o seu tamaño.
As precipitación tamén propiciaron que apareceran os primeiros brotes de mildiu, aínda que sen danos nos viñedos.
Para evitar que aumente a incidencia do mildiu e se vexa minguada a produción, os expertos aconsellan seguir as recomendacións, especialmente nun mes clave para a produción.
O consello dos experto tamén é realizar outros traballos no viñedo como quitar os chupóns e eliminar a vexetación do chan para evitar que se propaguen as enfermidades.