O PP esixe o consenso dos grupos políticos para a aprobación do estatuto

    xuntanzapp_100_270706.jpgBARBANZA > O Partido Popular de Galicia apoiará a reforma do actual Estatuto de Autonomía sempre e cando esta reforma se faga respectando a constitucionalidade e conte co consenso de todos os grupos políticos. Así o confirmou o deputado popular, Manuel Ruíz Rivas, nunha reunión comarcal do partido celebrada na sede de Ribeira.

    Dar a coñecer a postura do PP respecto da reforma do Estatuto ós afiliados do Barbanza foi o principal motivo polo que se convocou unha reunión informativa na sede do partido en Ribeira. No acto estaban presentes algúns dos representantes políticos da comarca así coma todos aqueles interesados na cuestión. O deputado popular, Manuel Ruíz, confirmou ós asistentes o  compromiso do partido coa causa e recordou que este grupo político é o que máis propostas está a facer para adapta-lo texto ós novos tempos e ás novas necesidades galegas.xuntanzapp_200_270706.jpg

    Ruíz Rivas comentou que o actual Estatuto conta cun amplo consenso polo que a posible reforma debe facerse respectando a constitucionalidade e sempre que teña o apoio de tódolos grupos políticos e da sociedade galega.

    Unha das cuestións fundamentais para o PP é que o texto estableza unha financiación adecuada dos servizos públicos para acelerar a converxencia co resto de España xa que a comunidade galega está máis atrasada que outras zonas neste tema.

    Redacción Barbanza