O PP da Pobra propón bonos desconto para reactivar o pequeno comercio e a hostalería

A POBRA> O PP da Pobra presentou unha moción encamiñada a reactivar o comercio e a hostalería local, dous sectores moi golpeados pola pandemia. Os populares propoñen que se habilite unha partida orzamentaria de cen mil euros para financiar bonos descontos entre os clientes das pequenas empresas da vila.

O texto da moción de apoio ó pequeno comercio e á hostalería, que se debaterá a próxima semana, contempla a creación de bonos desconto para tódalas compras realizadas no tecido local que poderán ser canxeables en calquera comercio ou bar.

Os populares agardan contar co apoio unánime da corporación para que a medida se poña en marcha á maior brevidade co obxectivo de que sexa efectiva de cara á campaña de Nadal.

Consideran dende o PP que é unha iniciativa axeitada para dinamizar a actividade comercial ó tempo que se favorece a economía das familias que apostan polo comercio de proximidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí