67 millóns de euros e 2.000 postos de traballo

    proxectos_europeos_100_100510copy.jpg PONTEVEDRA> Este é o saldo deixado nos últimos sete anos polos proxectos europeos implantados na provincia da man da Deputación.

    {flowplayer}images/salnes/PROXECTOS_EUROPEOS.flv{/flowplayer}
     
    Implantación da Administración Electrónica, plans de formación para o emprego, melloras nas redes de saneamento do rural ou a promoción do deporte en Pontevedra. Estes son algúns dos 31 proxectos que a Deputación desenvolveu nos últimos sete anos con cargo a fondos europeos. Quince na pasada lexislatura, e 16 na actual. En total máis de 67 millóns de euros investidos desde o 2003 en programas de Fomento do Emprego, Desenvolvemento Económico, Medio Ambiente e Cultura e Deportes. O departamento provincial de Desenvolvemento local e Fondos Comunitarios é o encargado de captar estas axudas europeas. Creouse nesta lexislatura para potenciar as relacións coa administración europea e estimular así o crecemento económico, o emprego, o benestar social e a rede de comunicacións locais e provincial.
     
    Nestes intres máis do 50 por cento dos proxectos europeos postos en marcha na provincia mantéñense aínda vixentes, e outros están aínda en fase inicial, como é o caso da implantación da rede Wimax, que dará acceso a internet ás zonas do rural pontevedrés, ou as Pousadas do Salnés. Segundo Louzán, este último plan, creará a partir de xuño preto de 250 postos de traballo na comarca do Salnés, que se manterán aproximadamente durante un ano. Neste tempo abriranse rutas de sendeirismo, recuperaranse restos de valor arqueolóxico e construiranse varios aloxamentos rurais.
     
    Redacción Salnés