Noia pon en marcha a campaña de bonos sociais

NOIA> Os Servizos Socias de Noia veñen de poñer en marcha unha campaña solidaria en colaboración con Noia Histórica e varias entidades benéficas. Ademais de axudar ás familias vulnerables, a iniciativa busca dinamizar o comercio local.

A doazón de seis mil euros por parte de Caixabank contribuirá a dar un pequeno respiro ás familias máis vulnerables de Noia. A concellería de Servizos Sociais porá en marcha os bonos sociais a distribuír entre usuarios de Cáritas e Cruz Vermella.

Posto que as necesidades de alimentación están cubertas, grazas ó convenio do concello con estas ONGs, os bonos sociais destinaranse principalmente a téxtil, pequenos electrodomésticos, material escolar ou outras necesidades cotiás.

Noia Histórica colabora con esta campaña establecendo as bases para os establecementos que se queiran sumar. O prazo de inscrición está aberto ata o domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí