Un informe de Urbanismo declara os Areeiros como zona urbana

    RIBEIRA > A asociación de veciños ‘A Batiola’ de Castiñeiras celebrou unha xuntanza parar buscar unha solución ó deslinde de Costas na zona dos Areeiros. Á reunión acudiu o avogado encargado de tramita-los recursos dos veciños afectados.

    batiola_200_270706_1.jpgOs veciños afectados polo deslinde de Costas só lles queda unha única posibilidade para conseguir que a zona de servidume de protección na zona dos Areeiros se reduza a 20 metros logo de que o Ministerio de Medio Ambiente lles notificara a desestimación das alegacións realizadas. Agora contan cun prazo de dous meses para presentar un contencioso administrativo contra a Demarcación de Costas, un último recurso que ten posibilidades de obter unha resposta satisfactoria.

    O avogado encargado de tramita-los recursos explicou tamén que para que a zona afectada non sexa considerada de dominio público deben xustificar que eses terreos eran solo urbano antes da entrada en vigor da nova lei de Costas. Para iso presentarán un informe da Consellería de Urbanismo no que se indica que os núcleos de poboación afectados estaban asentados e recollidos como casco urbano antes da aplicación de dita lei.

    Redacción Barbanza