Carlos Baute levanta paixóns en Ribeira

    baute_100_070806.jpgRIBEIRA > O cantante Carlos Baute foi o encargado de poñe-lo broche de ouro ás festas de verán de Ribeira cun multitudinario concerto que congregou a miles de persoas no recheo da lonxa. Preto de dúas horas de música, acompañada dunha orixinal posta en escea, fixeron desfrutar a todo ó publico, especialmente ás súas fans incondicionais.

    Nin a hora de retraso coa que comezou o concerto conseguiu disuadir ós miles de persoas que na noite do domingo abarrotaban a explanada da lonxa ribeiresa para asistir á actuación estelar das festas estivales. Nada máis iniciar a actuación, Carlos Baute pideu desculpas polo retraso motivado polos cortes de tráfico na vía rápida a causa dos incendios dos que o venezolano desexou que a terra galega se recupere pronto.

    O cantante asegurou sentirse moi a gusto en Galicia, terra dos seus avós, e agradeceu ó concello ribeirés que pensasen nel nun ano tan importante para a cidade como é o do seu centenario.baute_200_080706.jpg

    Durante a espectacular actuación, Carlos Baute fixo gala do seu carácter latino despregando sobre o escenario as súas dotes de baile xunto ó nutrido corpo de bailaríns e músicos que o acompañaban. Cara ó final do concerto, o venezolano escolleu entre tódalas súas fans a unha afortunada que subiu ó escenario  onde lle dedicou unha canción do máis romántico. Así, tras hora e media de concerto, prolongados nos bises durante un bo rato, o cantante latino deixou Ribeira con moi bo sabor de boca.

    Tras esta actuación, a Carlos Baute agárdalle unha xira por toda España con máis de sesenta actuacións. Sen embargo, tamén haberá tempo para relaxarse. Segundo explicou o cantante, a súa intención era pasar algún día pola zona do Barbanza, nunha praia na que poder practicar deportes náuticos, como o surf, do que confesou ser un gran afeccionado.

    Redacción Barbanza