BOIRO> As obras do Club de Remo de Cabo de Cruz avanzan a moi bo ritmo polo que a previsión do concello de Boiro é que poidan rematar durante o mes de marzo. En paralelo ós traballos de construción, o concello está a adquirir o novo equipamento a través dun convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte.
Nunha recente xuntanza coa empresa adxudicataria, o concello de Boiro constatou que as obras de construción da nova sede do club de remo de Cabo de Cruz están a cumprir os prazos previstos.
Nestas últimas semanas, o concello iniciou tamén a adquisición e instalación do mobiliario e equipamento específico que precisará a nova sede para a práctica do remo, a través dun convenio coa Xunta.