![]()
RIBEIRA> O Instituto Galego de Vivenda e Solo entregará o próximo luns as chaves ós adxudicatarios das vivendas sociais de Xarás.
{flowplayer}barbanza/vivendassociais.flv{/flowplayer}
Tras seis anos agardando, os dezaoito adxudicatarios en réxime de alugueiro das vivendas de promoción oficial de Xarás aínda non se cren que en menos dunha semana poderán entrar nas súas casas.
A nova recibíana este luns, nunha comunicación telefónica do IGVS. Dende entón a ledicia e os nervios apoderáronse deles e son moitos os que a noite pasada non puideron conciliar o sono ante a pronta entrega da súa vivenda.
Situación precaria
Moitas das familias que se atopaban á espera da vivenda atopábanse en situación precaria, algúns case desesperados, posto que xa non tiñan a onde ir. Para facer presión e esixir a administración que axilizara o proceso mesmo chegaron a asentarse diante das vivendas onde pasaron día tras día ata que recibiron a boa nova.
O acto de entrega das casas terá lugar o próximo luns na casa do concello ás doce e media da mañá. En canto asinen o contrato e teñan as chaves na man, os adxudicatarios instalaranse de contado na súa nova vivenda.
Polo que respecta ós trámites para a entrega das tres vivendas en réxime de compra venda continúan o seu proceso, neste momento están pendentes da súa aprobación pola entidade bancaria correspondente.
Redacción Barbanza











