Os hostaleiros da Pobra dispoñen dun novo sistema para a recollida de vidro

    POBRA> O concello da Pobra vén de adoptar un novo sistema de recollida de residuos para a hostalería. A través duns cubos e de contedores especiais se facilita o traslado e almacén dos envases para a súa reutilización. Esta campaña, promovida polo concello en colaboración con Ecovidrio, pretende fomentar a reciclaxe de vidro na hostalería, sector que representa ó redor do cincuenta por cento dos envases de vidro que se xeran. A empresa facilita o traslado e almacenaxe dos residuos a través dun contedores especiais dotados dun sistema hidráulico e cubos adaptados. Polo momento xa se teñen instalado oito contedores deste tipo, denominados vacri. Os antigos reubicaranse por outras zonas do municipio, especialmente o rural, para seguir fomentando a reciclaxe de vidro e a separación en orixe. Ecovidrio asume a recollida dos envases, traslado á planta de reciclaxe e devolución ó circuíto dos materiais reutilizados.