Unha camada de xabaríns causa estragos nunha leira da Pobra do Caramiñal

    ataquexabarins_100_080706.jpgPOBRA > Unha veciña da Pobra do Caramiñal acaba de denunciar a desfeita que unha camada de xabaríns lle fixo nunha leira situada en Rosende. Os animais entraron tres veces durante a fin de semana tombando as espigas que tiñan prantadas e comendo parte delas. Agora, a muller pensa denunciar o feito ante a Consellería de Medio Rural para que poñan solución ós ataques dos xabaríns.

    Dolores Teira di estar xa cansa do estragos que os xabaríns están a facer na súa leira. Ata tres veces nunha mesma fin de semana entraron estes animais destrozando o millo que teñen alí prantado, unhas espigas de gran calidade das que di,ataquexabarins_200_070806.jpg non existen outras iguais en todo o concello da Pobra. Despois de que os animais entraran, Dolores e o seu marido cercaron o terreo cun arame coa fin de impedir o paso do xabaríns. Pero esta barreira non surtíu efecto, e a seguinte noite os animais volveron a entrar arrasando case a metade dunha leira de mil metros cadrados.Ó parecer, esta non é a única vez que os xabaríns se achegan ata as prantacións da zona. Segundo explicou a afectada, máis veciños perderon parte das súas colleitas polos ataques destes animais, pero ningún deles se atreveu a denuncialo. Dolores considera que esta situación non pode continuar, por iso manifestou a súa intención de presentar unha queixa ante a Consellería de Medio Rural para que sexa a Xunta a que se responsabilice do problema, ó ser o xabarín unha especie protexida.

    Redacción Barbanza