Preto de quince mil persoas se achegaron ata Boiroferta

    boiroferta_100_140806.jpgBOIRO > Preto de quince mil persoas se achegaron  durante a fin de semana ás instalacións do polideportivo da Cachada para participar na ‘Boiroferta’, a feira de oportunidades que por primeira vez poñía en marcha a Asociación Boirense de Empresarios. A acollida que o evento tivo entre o público superou tódalas previsións de asistencia fixadas pola ABE, un éxito que servíu ós organizadores para garantir a celebración dunha segunda edición o próximo ano.

    O pasado venres ás catro da tarde abría as súas portas o polideportivo da Cachada, en Boiro, para dar comezo á ‘Boiroferta’, unha especie de rastrillo organizado pola ABE para que os comerciantes da zona pudieran dar saída a todos aqueles productos almacenados en stock. Tratábase dunha iniciativa pioneira no concello, e a incertidume dos organizadores ante a acollida que puidera ter entre os boirenses era moi alta. Pero as previsións superaron as espectativas. En apenas 40 minutos máis de 600 persoas se achegaron ata a feira para ser os primeiros en recibir os agasallos que repartía a ABE. Unha inauguración masiva á que seguiron dúas xornadas máis con gran afluencia de público. En total, preto de quince mil persoas ó longo da fin de semana.

    Trinta establecementos do concello participaron nesta feira na que os asistentes podían atopar artigos do máis variado a prezos moi rebaixados. Roupa por 5 e 10 euros, calzado por vinte ou CDs a un euro eran algúns dos productos ofertados, unha lista que se completaba con pezas para o automóbil, xoguetes e incluso artigos de decoración. Unha iniciativa que foi acollida con gran interese entre os comerciantes, que agoiraban un éxito rotundo á feira.boiroferta_200_140806.jpg

    A pesar do tempo de praia foron moitos os boirenses que se animaron a pasar pola ‘Boiroferta’, uns atraídos polo agasallo da inauguración e outros polo rebaixado dos productos.

    Na inauguración do evento, o presidente da ABE estivo acompañados polo edil de Turismo Manuel Velo e polo concelleiro de Urbanismo Xoan Xesús Ares, que resaltaron o gran impulso que iniciativas deste tipo dan ó pequeño comercio boirés. Ademais, a directiva da ABE aproveitou o momento para entregar un detalle de Sargadelos ós empresarios que máis apoiaron á Asociación, especialmente no eido económico, para que a ‘Boiroferta’ fose unha realidade.

    Redacción Barbanza