BOIRO> Os dous últimos roubos perpetrados a negocios da vila, un deles en pleno casco urbano, a escasos metros da casa consistorial, está a levantar a preocupación de hostaleiros e comerciantes, así como veciños en xeral.
Dende o PP acusan directamente ó alcalde, de ser el o responsable da situación que se vive no seo da Policía Local, cunha merma importante de efectivos.
Por esta razón pídenlle ó executivo que tome cartas no asunto e se incremente a vixilancia nas rúas para dunha vez poñer fin a este tipo de sucesos.