As queixas dos veciños de Vilariño obrigan a modifica-lo proxecto da autovía

    BARBANZA > A Consellería de Política Territorial modificará o proxecto da autovía do Barbanza na zona de Vilariño, en Boiro, coa fin de reducir o impacto da obra sober as vivendas e fincas do lugar. Esta decisión foi adoptada nun encontro entre un técnico da Consellería, os veciños afectados e o primeiro tenente de alcade boirés, Xoán Xesús Ares.

    autova_200_160806.jpgOs afectados polo proxecto da autovía do Barbanza ó seu paso polo lugar de Vilariño, en Boiro, expuxeron ó técnico da Xunta o seu malestar polo futuro trazado de dita estrada e ameazaron con movilizarse se non se chegaba a un acordo. Os veciños comentaron que según indicaban as sinais colocadas polos operarios da empresa adxudicataria da obra, o vial arrasaría varios viñedos e fincas de cultivo do lugar e que ademais discorrería moi preto das vivendas.

    Logo de escoitar estas demandas, o técnico explicoulles que o que pasaría polas inmediacións das casas de Vilariño non será a autovía senón un terraplén que se deberá construir para reducir o desnivel do terreo existente na zona. Sobre esta cuestión o representante de Política Territorial accedeu a realizar algunhas modificacións no proxecto e comprometeuse a reduci-las dimensións do terraplén e que este se ubique o máis separado das vivendas posible.

    Os cambios no proxecto tamén afectarán a unha granxa de coellos ubicada na zona que según o plan actual sería derrubada en parte para realizar as obras da autovía. Así, coas novas modificacións todo o edificio poderán manterse en pé.

    Redacción Barbanza