Portosín e Outes abrirán o Campionato de España de Motonáutica Inclusiva

PORTO DO SON> Este sábado arrancará en Portosín unha nova edición do Campionato de España de Motonáutica Inclusiva.

O Campionato, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración coa asociación ADECO-DEA, constará dun total de 6 probas nas que os participantes deberán realizar un percorrido con boias fondeadas, que deberán sortear, nun tempo establecido.

Á de Portosín ese sábado seguiralle a seguinte fin de semana Outes. Dende ambos concellos destacaron a importancia de poder acoller este tipo de probas.