A comarca do Barbanza únese para reclama-la liberación do ‘Alakrana’

    manifestacionalakrana_100_23102009.jpgRIBEIRA> Na concentración que se desenvolveu na praza do concello participaron familiares, amigos e representantes políticos da comarca.

    {flowplayer}barbanza/manifestacionalakrana.flv{/flowplayer}

    Tres longas semanas de tensa espera levan agardando os familiares e amigos de José Manuel Crujeiras, veciño de Aguiño e Antonio Manuel Pérez, de Abanqueiro pola nova que lles de anuncie a liberación dos seres queridos, tripulantes do atuneiro ‘Alakrana’ secuestrado por piratas somalies no Indico. Por eso, hoxe quixeron estar canda eles, compartindo o seu sufrimento, armadores, compañeiros de traballo, veciños e representantes políticos e integrantes das corporación locais dos concellos da Barbanza na concentración que se celebrou na praza do concello de Ribeira. A doce do mediodía de xeito simultáneo repetíanse actos similares nos concellos de Cangas, Moaña, Valga e Baiona, localidades de residencia de seis dos oito mariñeiros galegos retidos, e no municipio guipuscoano de Bermeo, porto base do atuneiro basco. O alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer foi o encargado de dar lectura a un manifesto no que agradeceu a solidariedade de todo o Barbanza cos mariñeiros e pediu a adopción de medidas urxentes que rematen co secuestro.

    Escasa información

    A escasa información recibida ata o momento sobre o estado dos tripulantes secuestrados e a longa espera comeza a menoscabar o ánimo dos familiares, que tan só piden dilixencia as autoridades nas negociacións para que os seus regresen san e salvos a casa.

    Maior seguridade

    Xunto as familias, os mariñeiros que traballan nesa zona do Indico, compañeiros dos secuestrados, esixen que se tomen cartas neste asunto para rematar coa situación de inseguridade coa que viven cada vez que embarcan.

    Apoio da Xunta

    Pola súa banda, a Consellería do Mar, en nome da Xunta de Galicia, enviou un telegrama aos alcaldes dos concellos convocantes para expresar así o seu apoio e ánimo ás familias agardando unha rápida e pronta solución do conflicto.

    Redacción Barbanza