Novos enfrontamentos entre percebeiros e bateeiros pola extracción da mexilla

BARBANZA> Recrúase o conflito entre percebeiros e mexilloeiros pola extracción da mexilla. A pesar da mediación da Consellería do Mar que busca un entendemento entre as dúas parte seguen a producirse graves enfrontamentos. Onte en Muxía e esta mañá na Coruña, onde mesmo tivo que intervir a Garda Civil.

Unha semana despois da última xuntanza, a Conselleira do Mar volveu reunirse cos presidentes das federacións de confrarías e representantes das principais asociacións de mexilloeiros para buscar unha solución ós enfrontamentos que están a protagonizar estes dous colectivos. O motivo do conflito está na extracción da mexilla que segundo os percebeiros está a prexudicar as súas zonas de traballo.

A Consellería do Mar está a elaborar en colaboración co sector un mapa das zonas máis conflitivas nas que non se autorizará a extracción de semente de mexillón. previsiblemente estará definido a principios da próxima semana.

 

Mentres tanto, Rosa Quintana fai un chamamento á calma para rebaixar a tensión vivida durante os últimos días que derivou en graves enfrontamentos entre os dous colectivos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí